Coma cada ano, chega o Samaín ao CPI de Zas e con el, os doces, as cabazas decoradas e... as aulas do terror!!
Como novidade, este ano o alumnado de 6ºEP foi o encargado de preparar e acompañar as visitas das súas compañeiras e compañeiros de EI e EP. Este vai ser un bo adestramento para cando cheguen a 4ºESO!!
Por outro lado, o alumnado de 4ºESO tomou o mando da scape room para a ESO, ubicándoa na antiga casa do conserxe. A temática era a recreación dun hospital abandonado cheo de mortos viventes e un feixe de probas que o alumnado debía resolver, case a escuras, para poder saír.
Eis algunhas imaxes do divertido e terrorífico día que vivimos: