venres, 10 de febreiro de 2023

Benvido Entroido!!

 Chega a semana máis divertida do ano da man da nosa Meca Científica, Hipatia de Alexandría, coa que teremos que seguir os mandadiños!!



Aquí tedes o de cada día para que poidades preparvos. Lembrade que son acumulativos!










luns, 6 de febreiro de 2023

Obradoiros da Asociación Arela para o alumnado da ESO

Hoxe tivemos visita de Carlos, traballador social da Asociación Arela, con quen compartimos dous obradoiros formativos para o alumnado de ESO, dentro do Programa Ktorce18 da Fundación Barrié:

- "Prevención do acoso escolar", para 1º e 2º ESO, centrado na reflexión sobre as responsabilidades individuais e colectivas ante o acoso escolar.

- "Prevención de condutas infractoras", para 3º e 4º ESO, centrado na Lei do Menor.

No noso centro consideramos que a formación do alumnado debe ser integral e que debe dotalo dos coñecementos e das ferramentas necesarias para se converter en cidadás e cidadáns tolerantes para conseguir convivir en paz.

A Asociación Arela ten un longo percorrido pedagóxico e moita experiencia no acompañamento de menores e nos obradoiros divulgativos que perseguen dar resposta preventiva a situacións de acoso, maltrato ou outras condutas infractoras.